Pages

domingo, 30 de octubre de 2011

¡CALENDARIO CATEGORIA PREBENXAMIN-2!

O calendario da Categoría Prebenxamin-2 (anos 2005-...) é o seguinte:

¡CALENDARIO CATEGORIA PREBENXAMIN-1!

O calendario da Categoria Prebenxamin-1 (ano 2004) é o seguinte:

¡EQUIPOS PARTICIPANTES!

Unha vez rematado o prazo de inscrición xa temos os equipos que van a participar na II Liga Prebenxamin de Fútbol Sala da Mariña. Na Categoria Prebenxamin-1 (ano 2004)van a participar os seguintes equipos:
E.D. MONDOÑEDO
A.D. SANTIAGO DE FOZ
A.D. PRAIA DE COVAS
C.D. BURELA F.S.
A.C.D. XOVE
ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS F.S.
Polo que respeta á Categoria Prebenxamin-2 vai a contar cos seguintes participantes:
E.D. LOURENZÁ
A.D. SANTIAGO DE FOZ
A.D. PRAIA DE COVAS
C.D. BURELA F.S.
A.C.D. XOVE

¡MOITA SORTE A TOD@S!

viernes, 14 de octubre de 2011

¡COMEZA A ANDAR A II LIGA PREBENXAMIN!

Xa está aberto o prazo para que todos aqueles equipos que o desexen inscriban os seus equipos para participar na II Liga Prebenxamin de Fútbol Sala da Mariña que volverá a contar con dúas categorías:
PREBENXAMIN 1 (nen@s nad@s no ano 2004) e PREBENXAMIN 2 (nen@s nad@s nos anos 2005-...).
Todos aqueles equipos que desexen participar deberán de enviar a folla de incrición correctamente cuberta á seguinte dirección de correo electrónico ligaprebenjaminesamarina@gmail.com. O prazo está aberto ata o mércores 28 de Outubro.

¡APÚNTATE XA, NON ESPERES MÁIS!

lunes, 11 de abril de 2011

¡CLAUSURA I LIGA PREBENXAMIN!

O domingo 10 de Abril de 2011 tivo lugar a clausura da I Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala, cos mais pequenos da mariña coma protagonistas.
Pola mañá foi o momento dos mais pequenos entre os pequenos, que actuaron no pavillón Monte Castelo de Burela. Os rapaces nados nos anos 2004 e 2005 disputaron encontros moi entretidos defendendo as cores dos seguintes equipos: AD Santiago de Foz, CD Burela FS, ED Mondoñedo, ACD Xove e Praia de Covas. Ó final dos partidos levouse a cabo a entrega de medallas e trofeos da Liga disputada durante toda a campaña.
Pola tarde foi a quenda para os nenos una ano mais vellos, nados en 2003, que disputaron partidos cargados de emoción. Os equipos participantes pola mañá repetiron e uníuselles o equipo Club del Mar, representante de Celeiro. Estes encontros foron disputados no pavillón Vista Alegre, tamén en Burela. O remate da competición da tarde tivo lugar a entrega de medallas e trofeos conforme á clasificación da Liga, do mesmo xeito que pola mañá. En ámbolos casos, mañá e tarde, a entrega de premios foi de parte da tenente de alcalde e concelleira de deportes do concello de Burela, Neves Cando.

sábado, 2 de abril de 2011

¡CLASIFICACIÓN FINAL PREBENXAMIN-2!

A clasificación final na categoria Prebenxamin-2 foi a seguinte: