Pages

lunes, 11 de abril de 2011

¡CLAUSURA I LIGA PREBENXAMIN!

O domingo 10 de Abril de 2011 tivo lugar a clausura da I Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala, cos mais pequenos da mariña coma protagonistas.
Pola mañá foi o momento dos mais pequenos entre os pequenos, que actuaron no pavillón Monte Castelo de Burela. Os rapaces nados nos anos 2004 e 2005 disputaron encontros moi entretidos defendendo as cores dos seguintes equipos: AD Santiago de Foz, CD Burela FS, ED Mondoñedo, ACD Xove e Praia de Covas. Ó final dos partidos levouse a cabo a entrega de medallas e trofeos da Liga disputada durante toda a campaña.
Pola tarde foi a quenda para os nenos una ano mais vellos, nados en 2003, que disputaron partidos cargados de emoción. Os equipos participantes pola mañá repetiron e uníuselles o equipo Club del Mar, representante de Celeiro. Estes encontros foron disputados no pavillón Vista Alegre, tamén en Burela. O remate da competición da tarde tivo lugar a entrega de medallas e trofeos conforme á clasificación da Liga, do mesmo xeito que pola mañá. En ámbolos casos, mañá e tarde, a entrega de premios foi de parte da tenente de alcalde e concelleira de deportes do concello de Burela, Neves Cando.

sábado, 2 de abril de 2011

¡CLASIFICACIÓN FINAL PREBENXAMIN-2!

A clasificación final na categoria Prebenxamin-2 foi a seguinte:

¡CLASIFICACIÓN FINAL PREBENXAMIN-1!

Na categoría Prebenxamin-1 a clasificación foi a seguinte: