Pola mañá foi o momento dos mais pequenos entre os pequenos, que actuaron no pavillón Monte Castelo de Burela. Os rapaces nados nos anos 2004 e 2005 disputaron encontros moi entretidos defendendo as cores dos seguintes equipos: AD Santiago de Foz, CD Burela FS, ED Mondoñedo, ACD Xove e Praia de Covas. Ó final dos partidos levouse a cabo a entrega de medallas e trofeos da Liga disputada durante toda a campaña.
Pola tarde foi a quenda para os nenos una ano mais vellos, nados en 2003, que disputaron partidos cargados de emoción. Os equipos participantes pola mañá repetiron e uníuselles o equipo Club del Mar, representante de Celeiro. Estes encontros foron disputados no pavillón Vista Alegre, tamén en Burela. O remate da competición da tarde tivo lugar a entrega de medallas e trofeos conforme á clasificación da Liga, do mesmo xeito que pola mañá. En ámbolos casos, mañá e tarde, a entrega de premios foi de parte da tenente de alcalde e concelleira de deportes do concello de Burela, Neves Cando.