Pages

jueves, 7 de junio de 2012

¡DOMINGO 10-6-2012: CLAUSURA LIGA 11-12!

Estimados amig@s:
Pola presente convidámosvos a participar na Clausura da “II Liga Prebenxamin de Fútbol Sala da Mariña” que se celebrará o vindeiro domingo dia 10 de XUÑO de 2.012 no Pavillón Torqués de Marzán de Foz, onde se xogarán encontros de 15 min. de duración entre tódolos equipos e se fará a entrega de trofeos e medallas a tódol@s participantes.
Dende a organización da liga rogamos aos equipos participantes que acudan cos seus rapaces a esta xornada lúdico-recreativa que esperamos que sexa toda unha festa para os máis pequenos e poder repetir en vindeiros anos.
Sen máis e agardando contar coa vosa presenza, recibide un cordial saúdo.

¡1 saúdo!